top of page

Touro acollerá Cine Fórum e un club de lectura feminista enmarcados nas actividades do Día Internacional das Mulleres Rurais

Laura Moure/Touro

O Concello de Touro está a promover este mes varias actividades para conmemorar o Día Internacional das Mulleres Rurais, celebrado o pasado 15 de outubro. Houbo actividades no CPI Fonte Díaz e na biblioteca municipal, pero as iniciativas continúan nos vindeiros días co Cine Fórum e cun club de lectura feminista. É necesario inscribirse previamente.

Así o sábado 26 de outubro terá lugar na Casa da Cultura, de 17:30 a 19:30 horas,

Cine Forum. A actividade está dirixida aos integrantes da ANPA A Santaia e ao alumnado de 0 a 12 anos, pero tamén está aberta a calquera persoa interesada. Haberá unha proxección simultánea de películas para público adulto e para a cativada, cunha posta en común final respecto das vantaxes e desvantaxes das mulleres e nenas rurais para o exercicio igual dos seus dereitos e a súa relevancia para a seguridade alimentaria mundial e o coidado ambiental do planeta.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información.

 As películas que se proxectarán son:

Noetiña. 2018: Unha película documental sobre as mulleres do mar, traballadoras invisibles da Costa da Morte. Recibíu o premio Luisa Villalta da Deputación da Coruña.

Raia e o último dragón. 2021. Dirixido a todo o público. No fantástico mundo de Kumandra, humanos e dragóns viviron xuntos hai moito tempo en perfecta harmonía. Pero cando unhas forzas do mal ameazaron o territorio, os dragóns sacrificáronse para salvar á humanidade. Agora, 500 anos despois, esas mesmas forzas malignas regresaron e Raia, unha guerreira solitaria, terá que atopar ao último e lexendario dragón para reconstruír un mundo destruído e volver unir ao seu pobo.


É preferible confirmar asistencia tendo de prazo ata a mañá previa ao evento. Os interesados poden anotarse a través do 981 50 40 29 (de luns a venres), no correo xiomara.lazo@concellodetouro.gal, no cógido QR que aparece no cartel da actividade ou a través do seguinte formulario: https://forms.gle/f1HzVS9GXDvUu6pYA 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outro lado, está aberto o prazo para anotarse para o club de lectura feminista. Estaba previsto que empezara a partir do día 25, pero se chegase ao número mínimo de anotados, arrancará o 8 de novembro. Será os venres alternos de 18:30 a 19:30 horas na biblioteca municipal e está dirixido ao público maior de 16 anos. Os interesados deben anotarse a través do 981 50 40 29 (de luns a venres), do correo xiomara.lazo@concellodetouro.gal ou fanigonzalez@atlanticponte.com , no código

QR que aparece no cartel da actividade ou a través do seguinte formulario:

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page