top of page

Touro acolle hoxe unha velada de cine na rúa sobre a megaminería e as consecuencias desta

A actividade forma parte do proxecto Futuro en Común financiado pola Secretaría de Estado para a axenda 2030


Laura Moure/Touro

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a Megaminería o vindeiro 22 de

xullo, o concello de Touro acollerá hoxe, martes 18, unha sesión de cine na rúa centrada

nas consecuencias desta actividade extractivista arredor do mundo.

A proxección incluirá seis pequenas pezas documentais que abordan os efectos da minería arredor do mundo. As proxeccións incluirán casos próximos e de actualidade, como pode ser o de San Finx, pousarán a mirada na afectación ecolóxica da Serra Mineira de Cartagena en Murcia, ou nos trasladarán a Guatemala para coñecer a loita da líder indíxena maya María Cuc Choc contra as empresas mineiras canadienses no seu país.


Baixo o lema Camiñando xunt@s por un Futuro en Común, a proxección terá lugar ás

22:30 horas na pista de atletismo de Touro fronte da Casa da Cultura. É de balde e está dirixida a todos os públicos. A duración total será aproximadamente dunha hora.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto Futuro en Común e está organizada pola

Coordinadora Galega de ONGD en colaboración coa Plataforma Veciñal Mina de Touro – O

Pino Non, Ecoloxistas en Acción e Asociación Tralapena, e conta coa financiamento da

Secretaría de Estado para a Axenda 2030.


A loita global contra as consecuencias da minaría

O extractivismo é un problema cunha dimensión global derivado da cada vez maior

demanda enerxética e de materiais para a construción e elaboración de productos

tecnolóxicos. Os macroproxectos de minería, eólicos, parques fotovoltaicos, monocultivos e as súas consecuencias son unha realidade que conecta o noso territorio co Sur Global de xeito directo.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No caso dos países máis empobrecidos, a impunidade coa que operan algunhas empresas nun contexto de grande corrupción e debilidade democrática, comprometen ademais do medio ambiente e as comunidades locais, a propia vida das defensoras e defensores da terra que se opoñen aos seus proxectos mineiros. Este é o caso da líder indíxena guatemalteca María Cuc Choc, protagonista da última curta da noite, que, dende 2004 é unha das caras visibles máis relevantes contra os abusos cometidos por compañías mineiras canadienses que operan en Guatemala.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page