As mencionadas funcións terán lugar este venres 21 e o seguinte 28 de maio, na Casa da Cultura de Touro e preciso inscribirse previamente
Laura Moure/Touro
A Casa da Cultura de Fonte Díaz (Touro) será o escenario este venres, día 21, da función A árbore das músicas. A cita será ás 17:30 horas. Está dirixida ao público familiar e durará 50 minutos.
Será necesario incribirse no 981 81 45 66 - 981 50 40 29 ou cultura@concellodetouro.gal
Todas e todos a contar e cantar recolle cancións, historias e contos da nosa terra.
Venres, día 28, acollerá a función O segredo do Tendal. A cita será ás 17:30 horas. Está dirixida ao público familiar e durará 50 minutos. Será necesario incribirse no 981 81 45 66 - 981 50 40 29 ou cultura@concellodetouro.gal Historias incribles, manipulación de obxectos e teatro. Colgadas no tendal, as letras senten o sol a facerlles cóxegas e bailan unhas coas outras. A roupa tamén quere xogar como elas xogan: as pinzas axudan a un pano a medrar até se converter nunha montaña, unha toalla foxe correndo entre as cordas… ou é un can de palleiro? A celebración dos espectáculos adáptanse ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19. O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.
Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (17:30h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.
Casa da Cultura de Touro
Fonte: Ecos da Comarca
Comments