Toques será escenario este sábado, día 15, dun concerto de Leirabuxo
- Laura Moure

- 11 may 2021
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 12 may 2021
Será na aula da natureza e o aforo é limitado polo que é necesario anotarse previamente
Laura Moure/Toques
Este sábado 15 de maio ás 20:00 horas terá lugar o concerto de Leirabuxo na aula da natureza de Toques enmarcado no VI Lingua Folk, en homenaxe a Xela Arias e a Ricardo Carvalho Calero. É necesario reservar praza para asistir debido á situación sociosanitaria, xa que o aforo é moi limitado.
Os interesados deben anotarse previamente a través do teléfono do Concello 981 505 826, do correo marina.corral@toques.es ou se o prefiren no Consistorio.
O Concello informa que ao longo do día, retransmitirá diferentes actuacións e reportaxes, así como o concerto en directo a través de streaming, cuxo enlace facilitará en breve.
Seguirase o protocolo de seguridade para loitar contra a Covid-19 e o público terá que estar sentado.

A aula da natureza de Toques onde terá lugar o concerto de Leirabuxo.






Comentarios