top of page

Toques acollerá o 13 de xullo unha xornada informativa sobre as ferramentas de internet

Está dirixida á poboación adulta principalmente, inda que está aberta a toda a veciñanza

Ecos da Comarca/Toques

Toques acollerá o 13 de xullo unha xornada informativa sobre as ferramentas de internet. Comezará ás 10:30 horas na praza do Edificio Multiusos (Antigua Escola) en Souto, onde o persoal encargado informará aos asistentes sobre Internet, as súas funcións e ferramentas que poden axudar a realizar trámites do día a día.


Publicidade

Tratatanse as seguintes cuestións:

  • Que é internet?

  • Como podo buscar algo en internet?

  • Como se envían mensaxes co teléfono?

  • Como pedir cita co Médico?

Publicidade

Todas estas dúbidas e outras serán resoltas, así como aprender a manexarte coas novas tecnoloxías nesta xornada informativa promocionada pola Cruz Vermella, Xunta de Galicia, Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, Mancomún Iniciativas sobre Software Libre en Galicia, e coa Colaboración do Concello de Toques.

A actividade está dirixida á poboación adulta principalmente, inda que está aberta a toda a veciñanza tamén. Para máis información hai o seguinte número de teléfono gratuito: 900 825 030.

0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page