Será impartida por Hidroeléctrica Lumymey
Laura Moure/Toques
O Concello de Toques organiza unha charla informativa para que os veciños coñezan todo sobre as novas tarifas eléctricas. A cita será este 12 de maio, ás 20:30 horas, no Salón Multiusos de Toques.
Será a empresa Hidroeléctrica Lumymey a encargada de dar esta charla. Esta firma leva máis dun século comercializando electricidade e producindo enerxía verde.
Os cambios nas tarifas de luz no 2021 serán importantes debido a que se realizarán durante este ano os previstos para 2020 que non se puideron levar a cabo pola irrupción do coronavirus. Concretamente, entrarán en vigor en xuño.
O Consistorio de Toques.
Autor: Ecos da Comarca.
Commentaires