Isto prohibe a mobilidade ou a apertura da hostalaría neste municipio. A maioría están no nivel mínimo, pero de aquí ao venres pode mudar

Laura Moure
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acaba de comparecer para informar das medidas tomadas polo comité clínico que permitirá levantar algunhas das restrincións estipuladas hai unhas semanas e considera que "as medidas funcionaron, pero aínda hai moitas persoas sen inmunizar e estamos lonxe de cumprir todos os obxectivos marcados", recalca. Así mesmo informa que a cepa británica é a predominante en Galicia. "Nas últimas semanas incrementouse a responsabilidade social, pero non descartamos volver atrás, mesmo na Semana Santa porque as vacinas chegan a contagotas e o futuro depende de nós".
Decidiron seguir avanzando nas aperturas de maneira gradual centradas en tres ámbitos: a hostalaría, a mobilidade intermunicipal e a reunión de convivintes.
Por unha banda, establécense medidas que afectará a toda Galicia. Son as seguintes:
O día 1 arrancarán as clases presenciais nas universidades e levararse a cabo cribados.
Os centros comercias abrirán a fin de semana desde o día 27.
Van seguir facendo cribados masivos.
Vaise comezar a vacinar ao profesorado.
A comunidade galega seguirá pechada.
Por outro lado, establece varios niveis de desescalada segundo cada municipio:
Permitirase a mobilidade entre concellos que estean no mesmo nivel.
Habrá un primer nivel, de máximas limitacións vixentes coa hostalaría pechada e sen reunións de convivientes nin mobilidade fóra do concello. Afecta a 17 municipios que teñen taxas superiores a 500 por 100.000 habitantes a 14 días (2,6% da poboación). Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa figura Toques. O resto son: Aranga, Cabanas, Carballo, Catoira, Corcubión, O Corgo, Gomesende, A Gudiña, Guitiriz, Larouco, Malpica de Bergantiños, Moeche, A Peroxa, Ponteceso, A Pontenova e Xunqueira de Espadanedo.
O segundo nivel estarán os municipios con taxas de entre 250 e 500. Aquí as reunións será de ata catro persoas e permitirase a mobilidade entre concellos coa mesma situación. Serán todos os da área sanitaria da Coruña, Ferrol e Pontevedra. En total son 107 municipios nos que a hostalaría só poderá atender en terrazas e permitiranse as reunións de ata catro persoas non convivintes. Afectarán ao 43% dos galegos, entres eles destas catro comarcas Arzúa e Sobrado dos Monxes.
E por último, o terceiro nivel afecta ao resto e son os que teñen por debaixo dos 250 positivos. A hostalaría abrirá cun aforo do 30% no interior e ao 50% no exterior ata as 18:00 horas. Ademais, abrirán ximnasios e piscinas, pero deberá usarse a máscara. Son as áreas de Santiago, Vigo, Lugo e Ourense con unha mellor evolución as que se beneficiarán deste nivel. Das catro comarcas neste nivel están: O Pino, Touro, Boimorto, Agolada, Dozón, Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Melide, Santiso, Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.
Estas limitacións entrarán en vigor o venres 26 e terase en conta as taxas superiores que vaian tendo os municipios ao longo desta semana, polo que pode haber cambios.
Comments