top of page

Toma posesión o novo arquitecto técnico de Silleda, Elías González Roma

O departamento de Urbanismo tamén contará nos próximos días cun novo enxeñeiro


Laura Moure/Silleda

Elías González Roma tomou este martes posesión do cargo de arquitecto técnico municipal logo de moitos meses co departamento de Urbanismo semiparalizado pola

marcha do arquitecto titular. Elías González, natural de Cambados, foi o único aspirante que superou a oposición para unha praza de persoal funcionario de carreira da escala de Administración especial, destinada a cubrir a xubilación do anterior titular.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

A este proceso selectivo, para dotar de máis persoal á Concellería de Urbanismo, súmase tamén a convocatoria aberta para cubrir unha praza de enxeñeiro, de nova creación na

Relación de Postos de traballo. Está previsto que tome posesión nuns días.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Durante os procesos selectivos, tanto para arquitecto técnico como para enxeñeiro, contouse coa colaboración da Deputación de Pontevedra ao completarse o tribunal con técnicas provinciais. “Estamos nun momento importantísimo do noso desenvolvemento urbanístico, co PXOM recén aprobado, polo que é imprescindible que este departamento conte con persoal cualificado”, sinalou a alcaldesa, Paula Fernández. Lembrou tamén que nos últimos meses, a falta de técnicos obrigou a que “as licencias que se concederon, como a de Culinaria ou a do Velatorio de Bandeira, se fixeran no marco da lei de emprendemento da Xunta a través de ECCOM, ou grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, como no caso de Plenoil”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page