Participaron senderistas de distintos puntos de Galicia e España
Laura Moure/Touro
Este pasado domingo Patrimonea levou a cabo a primeira ruta de sendeirismo guiada na localidade de Touro. A ruta denominada Entre pazos, fervenzas e corredoiras xuntou a sendeiristas chegados de diferentes puntos de Galicia e da península (Ferrol, Vigo, Granada...). O roteiro circular duns 16 quilómetros foi deseñado por esta empresa local e combina tramos que non forman parte de ningunha ruta sinalizada con outros pertencentes a roteiros como o dos tres ríos ou o da fervenza de Santa Marta.
Durante o transcurso da andaina os participantes recibiron información acerca da historia e a cultura local. A xornada rematou cunha visita ao Pazo de Andeade na que os sendeiristas poideron disfrutar dun dos elementos máis recoñecidos do patrimonio tourense.
Esta iniciativa encádrase nunha proposta privada de valorización do concello coruñés, sen apoio nin financiación da administración local, que ofrecerá diferentes roteiros ao longo do ano. Patrimonea invita a seguir os seus pasos a través de Facebook e Instagram e agradece a asistencia dos participantes na súa primeira actividade que se desenvolveu comprindo estrictamente os protocolos de prevención da Covid-19 impostos por sanidade.
Comments