Laura Moure/Lalín
A administración de lotería número 2 de Lalín, situada na Praza da Marina, está de racha xa que en menos dunha semana repartiu dous premios. O último foi no sorteo do Euromillón de onte, venres, cuxo afortunado gañou 352.535 euros!
Foi o único acertante de España. O afortunado acertou os cinco números e unha estrela. A combinación gañadora é a seguinte:
Cabe mencionar que o pasado domingo no sorteo da Bonoloto un único acertante levouse 2 millóns de euros cun boleto selado nesta administración das comarcas. Máis información desta noticia no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-acertante-da-bonoloto-ga%C3%B1a-en-lal%C3%ADn-m%C3%A1is-de-2-mill%C3%B3ns-de-euros
Commentaires