“Tinta do mar: pequena biografía de Luísa Villalta” chega hoxe a Vila de Cruces
- Laura Moure
- 7 jul 2024
- 2 Min. de lectura
É unha iniciativa da Deputación de Pontevedra
Laura Moure/Vila de Cruces
A Deputación de Pontevedra continúa esta fin de semana levando polos concellos da provincia Tinta do mar: pequena biografía de Luísa Villalta, un contacontos para festexar as Letras Galegas e divulgar a traxectoria da autora homenaxeada neste 2024. En concreto, e despois de visitar Ponteareas, Cambados e As Neves a pasada semana, este venres chegou a Baiona e ao Porriño e hoxe, domingo, 7 de xullo, podemos desfrutala en Vila de Cruces, onde terá lugar ás 17:00 nas Escolas Vellas de Piloño.

Polo Correo do Vento será o encargado de executar este contacontos ilustrado en Baiona, O Porriño e Vila de Cruces que consistirá, por unha banda, na narración da vida de Luísa Villalta e na creación dunha ilustración sobre a autora. Ademais, abrangue a interpretación de distintas pezas musicais e pecharase cun pequeno coloquio adaptado á idade da rapazada participante. Completarase a sesión cun obradoiro no que cada asistente realizará a súa propia caricatura de Villalta.
Publicidade
Tralo seu paso por Baiona, O Porriño e Vila de Cruces, Tinta do mar: pequena biografía de Luísa Villalta continuará percorrendo a provincia o 12 de xullo Mondariz-Balneario; o 15 de xullo Ponte Caldelas; o 16 de xullo O Rosal e Gondomar; o 17 de xullo Moraña e Salceda de Caselas; o 22 de xullo Meaño e Ribadumia; o 23 de xullo Pontecesures; o 26 de xullo Mos, así como tamén Portas, Catoira e Forcarei (nestes últimos tres concellos pendentes de asignar data).
Publicidade
A Real Academia Galega (RAG) dedicoulle o Día das Letra Galegas 2024 á escritora, filóloga e violinista galega Luísa Villalta. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, artigos xornalísticos e traducións, e a RAG destaca dela que foi “creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90”.
Comments