É alumna do CEIP Nosa Señora da Piedade e ten dez anos
Laura Moure/Vila de Cruces
Este mércores o tenente de alcalde de Vila de Cruces, Julio López, recibiu no consistorio á gañadora do concurso Postal Do Nadal 2021, que nesta ocasión recaeu en Thais Rey Alonso, alumna de 10 anos do CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces.
Tras o recibimento Julio López, confirmou a Thais que xa deu a orde á imprenta para preparar miles de postais do Nadal que en breve chegarán a todas e cada unha das casas da vila, formando parte así a súa creación deste Nadal en Vila de Cruces.
López desexou a Thais que neste Nadal se lle cumpran a maioría dos seus desexos, xa que o tenente de alcalde, despois dunha conversación coa gañadora, está totalmente seguro de que é unha gran estudante e que se portou estupendamente todo o ano, algo que nestas datas é moi importante.

Comments