Teta e Coliño celebrará hoxe a súa xuntanza mensual e o día 15 unha actividade sobre as regueifas
- ecosdacomarca
- 10 feb
- 1 Min. de lectura
A asistencia a ambas actividades é de balde con inscrición previa
Ecos da Comarca/Lalín
A asociación Teta e Coliño de Lalín organiza para hoxe, luns ás 18:00 horas, na Ludoteca do Edificio Sociocultural Manuel Rivero a súa xuntanza mensual aberta a todas as familias interesadas. E o próximo sábado 15 ás 12:00 horas no mesmo lugar, convida á actividade "Regueifa en familia".

Publicidade
Esta última iniciativa ten como obxectivo aprender a cantar improvisando en verso desde o humor e o xogo, con profesorado e alumnado regueifeiro da Escola Semente de Compostela que leva anos traballando no impulso da regueifa entre crianzas e adultas: Roi Souto, Xoel Maneiro, Roi Mayer e Ginzo Quintela... xunto coas regueifeiras adultas Lorena Medela e Sechu Sende.
A asistencia a ambas actividades é de balde con inscrición previa. Máis información no correotetaecolinholalin@gmail.com
Comentarios