Terceira colisión entre dous vehículos no 'Cruce dos Oitos' rexistrada nos últimos días
- ecosdacomarca
- 26 ago 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Santiso

A pasada semana, ECOS DA COMARCA tivemos que dar conta de dous accidentes de tráfico ocorridos no coñecido como 'Cruce dos oitos', situado no municipio de Santiso. Pois onte pola noite, venres, tivo lugar outro. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 23:49 horas. Saldouse cunha persoa ferida.
Publicidade
Tal e como informa o 112 Galicia, tratouse de novo dunha colisión entre dous turismos. "Como consecuencia un dos coches saíuse da vía. Unha moza presentada unha ferida nunha perna, pero estaba libre e accesible", informa o 112 Galicia.
Con estes datos, informou a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Arzúa.
Publicidade
"Vin un coche envorcado e outro metido no medio do millo", informa a ECOS DA COMARCA unha lectora que pasou polo lugar do sinistro.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Accidente ocorrido o pasado 14 de agosto: https://www.ecosdacomarca.com/post/colisi%C3%B3n-de-dous-coches-no-co%C3%B1ecido-como-cruce-dos-oitos-en-santiso
Accidente ocorrido o pasado 17 de agosto: https://www.ecosdacomarca.com/post/segundo-accidente-no-cruce-dos-oitos-en-santiso-no-que-levamos-de-semana
留言