top of page
Foto del escritorLaura Moure

Teatro para público familiar dentro do programa Camiño Escena Norte o domingo en Arzúa

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que este domingo, 24 de setembro, terá lugar na Capela da Madanela a representación da obra teatral para público infantil e familiar Luna.

A función comezará o domingo ás 18:00 horas da man da compañía asturiana Luz de Gas. Luz de gas teatro é unha compañía de teatro profesional formada por Mayra Fernández en 2020 tras unha traxectoria profesional de máis de 20 anos. Nace coa intención de poñer en escena textos de creación propia de diversa índole e enfocados a público tanto adulto como infantil e xuvenil. Un dos principais obxectivos da compañía é axuntar cultura e educación, sendo a implicación social e o traballo relacionado con temáticas sobre a muller unha das premisas coas que traballan na creación de espectáculos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O espectáculo que van a poñer en escena en Arzúa, Luna, está repleto de luz, de movemento, de palabras, de signos, de obxcetos, de capacidades diferentes e de intelixencias múltiples. Porque non sempre ser diferente é unha desvantaxe. Este espectáculo está incluido no programa Camiño Escena Norte, un proxecto de intercambio cultural por medio das artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra. Nesta quinta edición participan un total de 60 sedes e o Concello de Arzúa lévao facendo dende o primeiro ano.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concelleiro de Cultura, José Luís García, anima ás familias “a participar nesta función e aproveitar un espectáculo que, de non ser por este programa, sería difícil de ver na nosa zona”. Ademais, salienta “a importancia de que as novas xeracións adquiran o hábito de participar nas actividades culturais”. A entrada á función será libre e gratuíta ata completar a capacidade.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page