top of page

Teatro inclusivo en Agolada sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán

Ecos da Comarca/Agolada

O Pendello Comedor foi escenario este venres dun espectáculo teatral a cargo da compañía Polo Correo do Vento, que se incluíu na programación de verán do Concello de Agolada. Esta actividade foi promovida dende os servizos de Lingua e Memoria da Deputación de Pontevedra e tiña por obxectivo dar a coñecer a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas, grazas ao espectáculo De Valdeorras a México. Terra A Nosa.

Foi unha actividade na que se mesturou a narración oral, coa música e a ilustración. Os asistentes en Agolada puideron coñecer a historia de Pancho, o pingüín de Agolada que quería volver ao Polo Sur. Despois, tanto grandes e pequenos debuxaron ao protagonista da historia e ademais, tiveron unha visita moi especial: a do Cuco.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Así mesmo, ademais de cantar ao son da pandeireta, puideron aprender un pouco da linguaxe de signos, como por exemplo aplaudir ou dar as gracias.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page