Laura Moure/IsmaelRS/Silleda
A creatividade é a facultade de crear algo. E cando se fai algo e se lle engade unha dose de orixinilidade o resultado sempre é positivo. Se miramos ao noso arredor moitas veces vemos ideas que son marabillosas, que se converten en verdadeiras obras de arte sen estar colgadas na parede dun museo. Hai uns días ECOS DA COMARCA pasou pola localidade de Silleda e viu algo, precisamente orixinal e chamativo, que fixo que nos parásemos a fotografialo. Queres saber que vimos?
Nunha finca, ao lado da N-525 antes da entrada do polígono industrial de Silleda, había dous tractores. E diredes: e que ten de raro e sorprendente isto? Pois nada. Pero sabedes como eran (son) estes tractores? Están feitos de herba seca, si, de herba seca! Ademais, o seu artífice ou artífices non pasaron por alto ningún detalle. A base de rulos e alpacas de herba seca confeccionaron ambos vehículos e incluso, a un deles incorporáronlles rodas reais e a outro, un farollillo e chimena! Sen dúbida, chama a atención.
コメント