Tarefas de mantemento nos campos de fútbol de Outeiriño-Joselu Mato e A Gandareira en Silleda
- ecosdacomarca
- 5 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

Na xornada de onte levaráronse a cabo as tarefas de mantemento dos dous campos de fútbol de herba sintética do municipio silledense: o campo de Outeiriño-Joselu Mato en Silleda e o da Gandareira, na Bandeira, acometidos pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello.
Publicidade
Así, a maquinaria da entidade provincial procedeu a realizar tarefas de descompactado do caucho e o peinado do terreo de xogo.
Publicidade
Dende o Concello agradécese a colaboración do organismo provincial na realización destas tarefas, clave para a boa conservación dos campos onde veñen xa de comezar os adestramentos de cara á nova tempada.
Comments