Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Tanxugueiras levan o seu folk galego a Arzúa o 25 de setembro

Hai prazas limitadas e as entradas estarán dispoñibles a partir do luns 13 de setembro ás 10:00 horas


Laura Moure/Arzúa

Arzúa recibe ás cantareiras do século XXI, ás Tanxugueiras, o sábado 25 de setembro ás 21:00 horas no Multiusos Terra do Queixo coa súa Xira Contrapunto.

Tanxugueiras.

No 2018, o trío inicia unha traxectoria que as leva a visitar, en só tres anos, máis de 100 escenarios de todo o planeta acompañadas polas súas pandeiretas. No 2019 chega Contrapunto, un disco que incrementa as revolucións da música galega coa reinterpretación de coplas tradicionais, ateigadas de arranxos e harmonías diversas.


O directo de Tanxugueiras é pura enerxía e potencia. As voces de Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro ligan en harmonía, naturalidade e mestría alalás, músicas e letras. Con ou sen pandeiretas, o son e forza de Tanxugueiras expándense alén do escenario para transformar o recital nunha festa. Cun repertorio que se move entre pezas íntimas e de corte tradicional con himnos que abanderan causas, o público de todas as idades goza dunha sesión vibrante, chea de momentos únicos nos que as cantareiras dan boa conta da proxección dunha formación única en Galicia.


Neste 2021, as cantareiras libéranse de prexuízos para consolidar a identidade dun grupo que explora con curiosidade a fusión da tradición con sonoridades urbanas e modernas. O seu último single, Midas, con influencias de sons próximos ao trap ou á electrónica, pon o foco sobre unhas artistas audaces, chamadas a levar os ritmos e a enerxía da terra por escenarios de todo o mundo.


Entre os premios mais importantes recibidos destacan: XIX Premios La Opinión de Música de Raíz 2020 (Mellor adaptación dunha peza tradicional), World Music Charts Europe 2020 (20 mellores discos de World Music en maio de 2020), Certame aRi(t)mar Galiza e Portugal 2019 (Mellores Músicas de Galiza 2019), Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego 2019 (Finalistas Mellor videoclip por Perfidia), Scots Trad Music Awards 2019 (Finalistas na categoría de Mellor vídeo con Shooglenifty), Premios MIN de la Música Independiente 2019 (Finalistas Mellor álbum galego,) Premios Martín Códax da Música 2019 (Mellor grupo de Música tradicional e folk) ou Premios MIN de la Música Independiente 2018 (Mellor álbum galego).


O concerto comezará ás 21:00 horas e a apertura de portas será ás 20:00 horas.


As entradas estarán dispoñibles a partir do luns 13 de setembro ás 10:00 horas a través da Oficina de Turismo de Arzúa e no 981 508 056 de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 19:00 horas.


As prazas serán limitadas e iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición. Cada persoa pode reservar un máximo de 4 prazas. As reservas poden ser individuais ou dobres. As persoas que fagan reserva dobre declararán responsablemente ser convivintes. O día do concerto, as persoas con reserva deberanse presentar como mínimo 15 minutos antes do concerto. No caso de non facelo, esas prazas quedarán a disposición de público sen reserva por orde de chegada.


Cabe mencionar que Tanxugueiras impóñense como favoritas entre os fans para representar a España en Eurovisión



75 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE