Esta fin de semana tivo lugar o Campionato Galego de Carreiras de Montaña, no cal o Club Deportivo Biosbardo estivo representado unha vez máis por unha decena de atleta
Ecos da Comarca/Deza
Esta fin de semana tivo lugar o Campionato Galego de Carreiras de Montaña, no cal o Club Deportivo Biosbardo estivo representado unha vez máis por unha decena de atletas e obtiveron importantes logros. Destacar das comarcas, a gran participación de Tamara García, veciña de Dozón, e do cruceño Emilio Montilla.
"Novo campionato Galego para o C.D.Biosbardo no que unha vez máis as e os nosos atletas amosaron un gran nivel e sobre todo un gran traballo colectivo". Esgos acollía este domingo, 16 de Xuño o Campionato galego de Carreiras de Montaña, nun trazado rápido de 17 quilómetros no formato regulamentario: subir e baixar. Ó mesmo tempo a proba formaba parte do calendario da modalidade “classic” da Federación Galega de Atletismo sendo o evento considerado como máis curto e explosivo.

O percorrido partía do centro da localidade, pasando polo Santuario de Rocas e coroando na cima da capela da Virxe do Monte, cun descenso vertixinoso ata o mesmo centro do concello ourensán.
DOUS PODIOS ABSOLUTOS E 4 MEDALLAS INDIVIDUAIS
TAMARA GARCÍA – BRONCE ABSOLUTO
Boa carreira para Tamara García, veciña de Dozón. "Carreira forte para a nosa deportista, onde se mantivo en persecución constante durante toda a carreira cedendo uns segundos tan só na última subida que non se puideron recuperar na baixada cun final de infarto, propio dun campionato galego. Con este resultado Tamara aúpase ata o 5o posto do ranking galego de trail running da Federación entrando en postos de selección galega", sinala o clube.
Publicidade
FEDERICO LOSADA – BRONCE ABSOLUTO
Bronce absoluto e título Master 45. "Estratexia clara, cunha remontada na última metade de carreira que o metía no podio; moi bo rendemento e planificación. Con este resultado ‘Fico’ colócase como líder do Ranking Galego de Trail Running".
MEDALLISTAS INDIVIDUAIS
"Moi preto dos podios absolutos e co premio das medallas por categoría tivemos ós seguintes deportistas que rendiron ó máis alto nivel, sumando tamén uns puntos vitais no devandito ranking".
Publicidade
O CRUCEÑO EMILIO MONTILLA – Campión galego Master 50 – "A pesares de non ter o mellor día o noso deportista continúa a amosar o seu dominio dentro da categoría".
MARCOS PASCUAL – Subcampión Galego Master 40 –
"Quedando tan só a uns segundos do título autonómico, que se escaparía na última baixada. Marcos pecha o ‘Top 5’ do ranking galego estando en postos de Selección".
Publicidade
KENIA ESTRADA – Bronce Galego M40 –
A última incorporación do equipo, tras o seu debut estrenábase nun campionato oficial do mellor xeito, subindo ó podio.
Desde a dirección técnica do club deséxase "poñer en valor o traballo e desenvolvemento de tódolos deportistas posto que tivemos casi media ducia de atletas ás portas das tan ansiadas preseas, amosando o traballo colectivo que nos fai ser os actuais campións galegos absolutos de trail running por clubs desde o pasado mes de febreiro".
Comentarios