Taller sobre o dano cerebral no campamento do "Centro ETP Encuentra Tu Potencial" de Lalín
- ecosdacomarca
- 19 jul 2024
- 2 Min. de lectura
Para o do mes de agosto aínda hai algunhas prazas libres
Ecos da Comarca/Lalín
Durante estas semanas está a desenvolverse o campamento infantil de verán que "Centro ETP Encuentra Tu Potencial" imparte durante os meses de xullo e agosto, do mesmo xeito que os últimos catro anos, con aforo limitado e superando o cociente habitual de nenos/as-monitores, ao tratarse dun campus que traballa non só a parte física e de lecer, senón tamén a educativa e xestión emocional en nenos/as de entre 5 e 11 anos.

Esta semana o campamento albergou un taller/obradoiro impartido por unha das educadoras sociais de "Dano Cerebral Galicia" (antes Fegadace). Nel aprenderon a recoñecer un ictus, a saber que deberemos facer se iso ocorre na casa ou na rúa... e tamén a entender que as persoas afectadas por estas lesións merecen ser tratadas "como nos gustaría que nos tratasen a nós mesmos".
Publicidade
Logo da proxección dun curto e de varias actividades formativas que fomentan a inclusión, o taller culminou coa entrega do libro de "Os Bolechas" onde un dos seus personaxes cóntanos que é o dano cerebral e como é a súa vida desde que sufriu a lesión.
O campamento infantil inclúe merenda saudable (coordinada por unha das nutricionistas do centro), quedada nocturna para o avistamento da lúa cun telescopio de alta definición, e tamén unha visita á granxa escola "Casa Grande" de Xanceda. A semana que vén estará a chegar ao seu fin o grupo do mes de xullo, pero o centro acaba de ampliar o seu aforo para agosto a catro prazas máis das que xa ten reservadas, e que aínda poden reservarse comunicándose cos responsables do centro ao teléfono 656 944 937 ou ao email: info@encuentratupotencial.com
Comments