top of page

Taboada visita a zona de cesión do entronque entre as rúas Sergio Iglesias Pazos e Neira Vilas

Neste espazo do núcleo urbano cruceño iniciarase proximamente o proxecto de humanización entre as rúas Neira Vilas, Travesía Vázquez 5 e Sergio Iglesias Pazos


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O alcalde do Goberno de Cruces, Luís Taboada, visitou a zona de cesión do entronque entre a rúa Sergio Iglesias Pazos e a rúa Neira Vilas, co obxecto de comprobar o estado actual do ámbito no que se prevé levar a cabo a regularización do viario e a humanización desta zona do núcleo urbano de Cruces, entre as rúas Neira Vilas, Travesía Vázquez 5 e Sergio Iglesias Pazos.

Durante a inspección, na que o alcalde estivo acompañado polos concelleiros Mireya Otero e Juan Carlos Rodríguez, observouse a configuración existente do encontro viario, así como os límites da superficie afectada pola cesión, verificándose a necesidade de adaptar e ordenar o espazo para mellorar a continuidade e funcionalidade da vía pública.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A actuación prevista permitirá a correcta definición do viario no entronque das dúas rúas, favorecendo unha mellor ordenación urbanística e facilitando a circulación e seguridade tanto do tráfico rodado como peonil.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Nos próximos días, a empresa adxudicataria do proxecto comezará a executar as primeiras actuacións previstas na zona.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page