Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces celebra un fito histórico "grazas ao compromiso e á xestión efectiva do alcalde Luis Taboada, quen logrou poñer fin a un prolongado litixio que afectou á localidade durante máis de dúas décadas". O conflito, orixinado na rúa Manuel Iglesias, remóntase á época do goberno do PP, encabezado polo Jesús Otero, e xerou custosos gastos en multas e costas xudiciais para o municipio.
Dende a súa chegada ao cargo, o alcalde Taboada propúxose abordar esta situación herdada de maneira proactiva. "En contraste coas promesas do anterior alcalde do PP, quen estimou que unha suma de 2.000.000 de pesetas resolvería o conflito, equivalente a aproximadamente 12.000 euros na actualidade, os custos reais superaron os 120.000 euros. Este gasto exorbitante repercutiu negativamente nas finanzas municipais e, por máis
nos petos dos veciños e veciñas de Vila de Cruces".
Publicidade
"Luis Taboada, cunha visión pragmática e orientada á resolución de problemas, optou pola negociación e o entendemento como vías para poñer fin a este litixio prolongado. Tras intensas conversacións e esforzos, o alcalde logrou alcanzar un acordo con todas as partes involucradas, o que resultou na adquisición do terreo en disputa polo Concello".
Publicidade
Este acordo, sinala o Concello, "non só pon fin a anos de disputas legais, denuncias e multas, senón que tamén representa un aforro significativo para os residentes de Vila
de Cruces. A decisión de Luis Taboada de resolver o conflito mediante a compra do terreo evitou custosos procesos xudiciais, aforrando aos cidadáns miles de euros en honorarios de avogados e procuradores".
Publicidade
"Nun contexto onde a cooperación e o entendemento son fundamentais", apunta "o alcalde Luis Taboada demostra que a resolución pacífica dos conflitos non só é máis práctica, senón que tamén beneficia directamente á comunidade. Este logro reflexa o compromiso do Concello de Vila de Cruces co benestar dos seus cidadáns e o uso responsable dos recursos públicos".
Comments