O centro urbano xa loce a súa nova imaxe tras pintar a calzada e os aparcadoiros, remarcando as prazas para minusválidos, correctamente sinalizadas
Laura Moure/Vila de Cruces
O alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, acondicionou as pistas de Camanzo, Piloño e Larazo, "unhas pistas que levaban anos abandonadas, e que agora se prepararon con saburra, nivelado e compactando o terreo que vai dende o Campo da Festa de Carbia ata o Campo da Festa de Piloño", explica o mandatario.
Esta semana tivo os seus froitos as solicitudes que fixo Taboada persoalmente á Xunta de Galicia, para que procedese ao pintado da estrada do centro urbano que é da súa propiedade, e que debido ao desgaste desta, podería ocasionar algún accidente nos pasos de peóns, que practicamente non se distinguían. Como a Xunta estivo pintando a parte que lles tocaba esta semana como lle confirmaron ao rexedor, Taboada ordenou o pintado das rúas e prazas propiedade do Concello, que xa locen a nova imaxe. O mandatario agradece á Xunta de Galicia que tivese en conta a súa solicitude e que procedesen a realizar este pintado tan necesario, sobre todo nestes momentos que Vila de Cruces énchese de visitantes pola época estival, onde o tráfico rodado multiplícase por tres.
Comments