Mireya Otero, Luís Taboada e Julio López.
Laura Moure/Vila de Cruces
O grupo de goberno de Vila de Cruces está indignado coa forma de actuar do anterior alcalde Jesús Otero nos últimos meses, "uns meses en que Taboada nota ao señor Otero máis nervioso do habitual". Sen embargo, e tal e como indica "este venres saltou a pinga que colmou o vaso, posto que o alcalde Luís Taboada comprobou fielmente que, o señor Otero dedícase a realizar o seu traballo de oposición desde os despachos dos funcionarios, estando nalgunhas ocasións varias horas interrompendo o traballo dos mesmos, con interrogatorios exhaustivos e ameazantes con levalos á fiscalía e que se anden con ollo que en breve estará de novo como alcalde, porque ten preparada unha moción de censura apoiada por dona Mª Carmen Silva do PSOE, (segundo palabras de Jesús Otero, que o quere demostrar co bo rollo que ambos teñen, ao presentar escritos no rexistro cos dous membretes PP-PSOE)".
.
Por todo isto, Taboada recoméndalle ao señor Otero que "se prexubile e dedíquese a outra cousa, debido a que nos 30 anos que estivo de alcalde, só serviron para encher os seus petos, chegando a cobrar do consistorio a cantidade de 45.000 euros, máis unhas dietas diarias e tarxeta de gasolina, para todos os seus desprazamentos, máis de 180.000 euros nunha lexislatura, cos que conseguiu manter un nivel de vida elevado e por suposto, unha cotización moi substanciosa, que lle permitirá xubilarse coa paga máis alta, cobrando unha
xubilación de máis de 2.500 euros mensuais, grazas a todos os cruceños e cruceñas. E está claro que o bota de menos, porque agora acórdase de que existen os veciños e dedícase a ir polas súas casas, algo que mentres estaba como alcalde nunca fixo".
Comentarios