Títeres Cachirulo recala o vindeiro domingo en Carboeiro co espectáculo 'Don Gaiferos e o Dragón'
- Laura Moure
- 21 jul 2021
- 1 Min. de lectura
A cita será ás 18:00 horas no entorno do mosteiro
Laura Moure/Silleda
A compañía Títeres Cachirulo estará o vindeiro domingo 25 de xullo no mosteiro de Carboeiro, representado o seu novo traballo Don Gaiferos e o Dragón, unha iniciativa que se enmarca no programa A Compostela polas rutas Xacobeas, con espectáculos, obradoiros e Exposicións.
A cita será ás 18:00 horas no entorno do mosteiro, cun espectáculo para todos os públicos polos que irán desfilando distintos personaxes relacionados coa tradición do Camiño. Dende a Concellería de Cultura animan á veciñanza a disfrutar desta proposta para o público familiar nunha xornada que será ademais de entrada libre ao mosteiro, coincidindo co Día de Galicia.

Comments