O 20 de agosto ás 19:00h na Casa da Cultura
IsmaelRS/Touro
O Concello de Touro promove a actividade realizada por Títeres Brincadeira que leva por nome "A carteira de Augasclaras" e que se celebrará na Casa da Cultura do Municipio, será o vindeiro venres 20 de agosto ás 19:00 horas. e está destinado ao público familiar a duración da actuación durará 50 minutos.
Contacontos que a través da narración oral, monicreques e xogos de imaxes, pretende concienciar aos nenos e nenas en contra da violencia de xénero, potenciar unha orientación non sexista, recoñecer as diferenzas e dificultades sociais de cada xénero e tratarnos con igualdade.
É necesario inscrición previa no 981 81 45 66/981 50 40 29 ou cultura@concellodetouro.gal
Necesario ter en conta os seguintes puntos:
A celebración dos espectáculos adáptanse ás esixencias marcadas pola pandemia da COVID19.
O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.
Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.
Comments