Este xoves farase unha PCR a todos cativos que estiveron nos últimos días nesta actividade, así como os compañeiros do afectado
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso informou este martes que debido ao positivo dun monitor do campamento de verán, o Concello como medida de prevención acorda suspender dita actividade.
Dende a coordinación do campamento e o Concello xa se puxeron en contacto con todas as familias para comunicarlles dita incidencia. Ademais, a través da Xefatura territorial de Sanidade, en colaboración co Concello, vaise a proceder a citar este mércores para facer unha PCR o xoves a tódolos nenos que estiveron no campamento nos últimos días e os compañeiros do monitor positivo.
Comments