top of page

Susana López Abella e Luis López visitan o ‘Espazo Concilia Rodeiro” no que participan 50 nenas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Rodeiro

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, visitaron este mércores o Espazo Concilia do Concello de Rodeiro, un programa de actividades municipais destinado a fomentar a conciliación que conta co financiamento do Goberno galego e do cal se benefician as familias de cincuenta nenas e nenos do municipio ao longo deste verán.

Os representantes autonómicos destacaron que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina este ano a Galicia 1,4 millóns de euros á colaboración coas actuacións municipais de conciliación de verán, que apoiou a 12 concellos da provincia de Pontevedra.

Os concellos beneficiarios destes programas foron os seguintes: A Estrada (18.000€), A Lama (4.441,54€), As Neves (18.000€), Arbo (6.983,10€), Catoira (13.302 €), Cerdedo-Cotobade (22.685,54€), Cuntis (18.000€), Forcarei (16.986€), Meis (18.000€), Pontecesures (14,834,12€), Rodeiro (18.000€) e Valga (17.482,94€).

Polo demais, Susana López Abella e Luis López, acompañados polo alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, e outros membros da corporación municipal, coñeceron o funcionamento do Espazo Concilia, ao que acoden, co apoio da Xunta de Galicia, cincuenta nenas e nenos de entre 3 e 16 anos, dende o pasado 23 de xuño e ata o vindeiro 7 de setembro, en dúas quendas.

Esta iniciativa, que se desenvolve no CPI Plurilingüe de Rodeiro, concíbese como un espazo socioeducativo e de lecer de apoio á infancia e fomento da conciliación cun horario de 9:00 a 14:00 horas na quenda de mañá e de 16:00 a 20.30 horas na quenda de tard, de luns a venres durante todo o verán.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A programación consta de xogos, obradoiros, excursións, así como actividades deportivas e acuáticas que abordan factores lúdicos e facetas físicas, emocionais e sensoriais desde o punto de vista da igualdade e da prevención da violencia de xénero.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page