Ó redor da celebración do Día Internacional da Saúde o centro de formación profesional acolle ó longo desta semana un programa de iniciativas coa saúde como protagonista
Laura Moure/Arzúa
O centro de formación profesional e promoción rural Efa Piñeiral de Arzúa está a desenvolver esta semana actividades con profesionais multidisciplinares que poñen o foco en diversos aspectos do coidado e promoción da saúde. “Cóidate para coidar” é o lema escollido para un programa divulgativo e formativo que procura visibilizar ante profesionais e coidadores as necesidades de contar cun estado físico, mental e emocional óptimo para poder desempeñar as tarefas e coidados necesarios dos pacientes.

Suárez Quintanilla, presidente do Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos
de A Coruña e profesor da facultade de medicina da Universidade de Santiago de
Compostela, foi o encargado de impartir a conferencia inaugural remarcando a importancia
dunha boa comunicación entre o persoal sanitario e os pacientes en calquer ámbito,
enfatizando na necesidade de “traballar día a día a comunicación non verbal imprescindible na xestión emocional dos doentes”.
“O esencial é a empatía co paciente, sobre todo saber escoitar, diferenciado falar de comunicar pois son conceptos diferentes. En moitas ocasións, é necesario falar o xusto, con exactitude, sempre con delicadeza e humanidade” afirmou Suárez Quintanilla.
A xornada do luns proseguiu co obradoiro de mindfulness como técnica na terapia contra o
estrés coa instrutora Ana Sánchez. Esta metodoloxía trata de curar a mente estando
presente aquí e agora con atención plena conseguindo maior concentración, memoria,
empatía sen xuízos e acougando o espíritu autocrítico. “No ámbito sanitario, conséguese
aceptar o sufrimento, enfermidade empatizando coa dor”. Os alumnos practicaron unha
meditación para recoñecer a mente inestable.
Publicidade
Pola súa banda, este martes, celebrouse a ponencia A saúde mental é fundamental a cargo da psicóloga Adriana Rodríguez.
O xoves terá lugar a sesión “Crossfit Berkana coa residencia de maiores Porta do Camiño” e o venres a charla “Nutrición e Saúde” con Luz Pardo.
As actividades son de balde e contan con aforo limitado. Para máis información, pódense
comunicar coa Efa Piñeiral no 667 505 657.
Comments