Sonia Fernández abre unha casa do maior en Rodeiro
- Laura Moure
- 25 mar
- 1 Min. de lectura
"Para min é moi importante coidar de quen coidou!", destaca
Laura Moure/Rodeiro
O municipio de Rodeiro contará cunha nova Casa do Maior. Sonia Fernández, natural de Aboldrón (Camba), será a súa xerente. A Casa do Maior Val do Camba abrirá o 1 de abril.

"Está situada en pleno corazón de Rodeiro, na estrada xeneral 23. Decidín abrir a casa do maior porque é unha boa oportunidade de autoemprego no rural e permíteme facer o traballo que me gusta", sinala Fernández. "Sen esquecernos que para min é moi importante coidar de quen coidou!!".
Está moi agradecida con moita xente. "Teño que agradecer enormemente a toda a xente que se volcou conmigo neste proxecto que foi executado en tempo récord e gracias a eles foi posible. Nun mes estaba a obra rematada, amueblada, cos permisos e entregada en tempo e forma como o resto de compañeiras de promoción xa que elas dispoñen de 4 meses e eu tan só un e medio dende que se me comunicou posto que quedara de segunda en lista de agarda", explica.
Publicidade
"Agora estou moi leda porque o día 1 de abril chegan os 5 usuarios á casiña e podo dicir que abro a casiña con todas as prazas cubertas. Quero felicitar á Xunta de Galicia por esta iniciativa que lles permite ás persoas do rural seguir no seu entorno e darnos a oportunidade de autoempregarnos e que a conciliación familiar sexa posible", recalca Fernández.
Comments