Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Son de Muller: unha iniciativa do Concello de Palas para concienciar da lacra da violencia de xénero

É un filme documental que consta de de nove capítulos que dende o pasado martes se emite un cada día a través dos seus medios dixitais


Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei, a través dos seus medios dixitais, emite dende o pasado martes e farao ata o xoves, 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o Filme Documental SON DE MULLER, que consta de nove capítulos, emitíndose un por día. Forma parte da Campaña Palas de Rei dille non a violencia de xénero. Non máis violencia contra as Mulleres, organizada polo Centro de Información á Muller. A vida das mulleres, onte e hoxe, está chea de silencios e multitude de preguntas que interpelan á persoa socialmente concibida e á comunidade no seu conxunto, adormecen no fondo dunha desigualdade na que, polo regular, nos criamos e que cómpre evidenciar para que o camiño nos leve á superación, tal e como sinala o Concello. A través de pequenas historias, vivencias e xestos, SON DE MULLER penetra nese mundo onde a existencia e a esencia feminina se viu e se ve cortada por actitudes de descualificación ou dominio por parte do home; afonda no inconcebible, nesa parte da razón que menos razoa, onde o sentido común esmorece. Roles e estereotipos son postos ao descuberto nunha áxil perspectiva, basta ver e escoitar.

SON DE MULLER pretende amosar respecto e transparencia á condición feminina e enxergar canles de superación das múltiples taras e desigualdades que subsisten, mesmo inconscientemente polo arraigo social e educativo que de longo tempo presentan. As palabras e as escenas pasan con toda intención abrindo a nosa consciencia. Case sen darnos conta ata que baixamos á realidade, esnaquizan o pensamento asentado e descóbrennos pequenos sucesos que talvez viramos cada pouco, coñeciámolos, mais nunca entraran, ou non o suficiente, de xeito crítico en nós.

Os interesados poden ver todos os capítulos emitidos ata agora no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/channel/UCx2E9zBnQgShE1SHzgGhYcg

56 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE