top of page

Son 17 os aspirantes a lograr os mellores premios no concurso de disfraces deste domingo en Arzúa

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Repartiranse máis de 2.000 euros entre distintas categorías


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa confirma que se mantén a celebración do concurso de disfraces de mañá, domingo. Unha vez pechado este xoves a mediodía o prazo de inscrición, desde a área de Cultura consideran o número de participantes máis que suficiente para levar a cabo un certame atractivo tanto para os concursantes como para o público.

Ao concurso, que se celebrará este domingo ás 17:00 no Multiusos Terra do Queixo, preséntanse un total de 17 aspirantes a facerse con algún dos premios que ascenden a 2.120 euros repartidos entre as categorías comparsas, grupos, individual infantil, individual adulto e simpatía. Participarán na gala disfraces e colectivos locais, da comarca e chegados de lugares como Lugo, Ordes ou Vilagarcía de Arousa.


O concurso celebrarase co público sentado e cos participantes facendo a súa intervención sobre escenario nun festival que estará presentado polo humorista arzuán Xan Veiga. A apertura de portas será ás 16:00 horas.

A Concelleira de Cultura, Aurora Varela, agradece aos participantes a súa involucración “tendo en conta, sobre todo, que as circunstancias actuais dificultan os labores de confección de disfraces e de xuntanza dos grupos e comparsas para preparar as actuacións”. Ademais, anima á veciñanza a asistir para desfrutar dunha tarde de entretemento na que as risas están aseguradas.


PODE CONSULTARSE OS PREMIOS POR CATEGORÍAS NO SEGUINTE ENLACE:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page