Solucionadas máis de 1.000 incidencias no Concello de Silleda a través do servizo Liña Verde
- Laura Moure
- 4 may
- 3 Min. de lectura
O servizo de comunicación ca cidadanía púxose en marcha en Silleda en xaneiro do ano pasado
Laura Moure/Silleda
O servizo de comunicación de incidencias Liña Verde conta, un ano despois da súa implantación no municipio de Silleda, cunha gran acollida. A día de hoxe, solucionáronse máis de 1.000 incidencias a través desta aplicacion, cada vez máis utilizada pola veciñanza. En canto ao tipo de incidencias comunicadas, destacan as relacionadas co alumeado público (48%), seguido de Vias e beirarrúas (15%), lixos (10%), parques e xardíns (4%), sinais e semáforos (3%), limpeza (3%) e mobiliario urbano (2%).
Das 1.163 incidencias en total recollidas a día de hoxe, solucionáronse un total de 1.096, o que supón un 94,2% . O tempo medio de resolución é de 13 días, se ben nos informes internos que permite recoller esta aplicación hai incidencias con resolución no mesmo día do seu envío, e outras que se resolveron en prazos máis curtos (2, 4 e 6 días).
A principios de 2024 o Concello de Silleda sumouse aos máis de 600 municipios que a nivel nacional dispoñen do servizo Liña Verde. A través desta canle de comunicación directa, os veciños e veciñas poden poñer en coñecemento do Concello as incidencias relacionadas cos servizos municipais.
Publicidade
Grazas a esta ferramenta de participación cidadá, o Concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así, poder dar solución ás cuestións comunicadas. Este servizo sirve como canle directa de comunicación dos desperfectos que se detecten no equipamiento urbano do municipio, incidencias no servizo da luz, limpeza viaria, servizo de aguas, ou recollida de lixo, entre outros.
Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga da APP Liña Verde, unha aplicación totalmente gratuita. Para iso, a persoa usuaria debe accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu Smartphone (Android/iOS), aínda que tamén se facilitará cartelería e se poñerá un banner na web para poder descargala dun xeito sinxelo. A partir da descarga, a persoa usuaria selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo.
Xeolocalización en tempo real
Para comunicar unha incidencia, basta con picar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un despregable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, o persoal do Concello recibe notificación. A partir deste intre, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada.
Publicidade
O cidadán á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma. Ademais da xeolocalización das incidencias e o seu traslado en tempo real, esta aplicación ofrece vantaxes a nivel interno á hora de elaborar informes e coñecer o nivel de eficiencia dos servizos.
Comunicados, información municipal e axenda cultural
Outra das posibilidades que ofrece esta ferramenta é o envío de comunicacións informativas por parte do Concello á cidadanía que así o desexe. Desta forma, a veciñanza está informada en tempo real sobre distintas cuestión de interese. Tamén poden consultar os principais puntos de interese que se localicen no municipio e información relevante sobre o mesmo, así como a axenda cultural do municipio.
O Concello de Silleda anima á veciñanza a continuar empregando este servizo, no que a participación dos veciños e veciñas é clave mellorar os servizos municipais e detectar calquera incidencia.
Nos cursos de Rural TIC
Así mesmo, para continuar dando a coñecer as vantaxes deste servizo, nos cursos que se están a desenvolver estes días no rural co programa Rural TIC, impartido por dúas persoas voluntarias do INECO, a aplicación Liña Verde é unha das protagonistas das sesión formativas.

O ciclo arranco una Bandeira o pasado mércores, continuando con éxito en Lamela, Cortegada e Escuadro. As sesión continuarán a vindeira semana nos centros educativos, en Dornelas e en Silleda, con formación específicas para Anpas, familias e asociación.
Comments