top of page

Solidariedade Obreira convoca para mañá unha folga xeral en todo o Estado polo xenocidio en Palestina

Ecos da Comarca/Xeral

O sindicato Solidariedade Obreira anuncia a convocatoria dunha folga xeral no Estado español como resposta ao xenocidio que está a sufrir o pobo palestino por parte do Estado de Israel coa complicidade das potencias occidentais. Para Solidariade Obreira, a clase traballadora galega non pode permanecer allea a un crime contra a humanidade que se desenvolve diante dos ollos de todo o mundo. “A solidariedade internacionalista é unha obriga. Palestina convértese hoxe no espello da loita contra a barbarie e pola dignidade dos pobos”, sinalan desde a organización.

O sindicato fai un chamamento ao conxunto de forzas sindicais, organizacións sociais, políticas, estudantís, culturais e populares a sumarse a esta convocatoria, para construír

unha resposta unitaria e masiva que faga visible en Galiza un berro claro: “Folga xeral en solidariedade con Palestina. Non ao xenocidio, non á complicidade dos gobernos, non á barbarie.”


Así mesmo, Solidariedade Obreira chama á participación activa de traballadores/as, persoas desempregadas, precarias e mocidade, entendendo que a loita polos dereitos

laborais e sociais vai da man da loita contra a opresión e o exterminio doutros pobos.



Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Anuncian mobilizacións ao longo de todo o día de mañá,15 de outubro, na cidade de Santiago de Compostela:

● 9:00 concentración nos xulgados de Compostela en apoio ás encausadas por mobilizacións propalestinas.

● 12:00 manifestación desde a Alameda de Santiago de Compostela.

● 19:00 manifestación desde a Praza 8 de marzo.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page