top of page

Solidariedade, igualdade e coidado do medio, protagonistas da Romaría da Rapazada de Silleda

A cita, única en Galicia, chega á súa 34 edición o domingo 30 de xuño con obradoiros de sensibilización, xogos tradicionais e sustentabilidade como eixo temático


Laura Moure/Silleda

O vindeiro domingo día 30 volta ao recinto da Saleta de Siador a Romaría da Rapazada, unha cita única que cumple 34 anos e que nesta edición da un xiro na súa oferta respecto ás últimas edicións, cunha organización na que tamén estarán as Anpas do municipio (Anpa Raparigos, Anpa Brincadeira e Anpa Musiquiños) e que apostará por actividades máis sustentables relacionadas ca igualdade, a solidariedade ou o coidado do medio,

entre outros.

A xornada, na que tamén colaborarán persoas mozas como voluntarias, dará comezo ás 12:00 horas ca apertura de obradoiros e a celebración de actividades como o contacontos “Xela, a superheroína de aldea”, a cargo de Inma Soto, unha proposta relacionada ca sensibilización ambiental que chega da man da Fundación Roberto Rivas (12:30).


Entre os obradoiros tamén figuran os xa clásicos de maquillaxe e tatuaxes temporais, dirixidos por Eduvía, un sobre circo organizado polas Anpas, ou outro de confección de alas de bolboretas coordinado por Aupa Deza.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

Os xogos tradicionais de Sororas tamén amenizarán a mañá no recinto de Siador .Tamén participará a Fundación Museo do Campo, que exporá no recinto un tractor histórico e outros materiais. Dende o Concello tamén se realizarán actividades de sensibilización sobre temas como a igualdade ou a reciclaxe, en consonancia ca elaboración da Axenda 2030.


Xa pola tarde, a actividade intensificarase tamén ca participación do CDR Medelo-Cogami, que amosará o traballo que se realiza no centro, ou a estrea da Caravana de Recycling, proposta que ca recuperación de bicicletas usadas tamén aposta por promover a solidariedade e a mobilidade sostible.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Xogos de sempre e carreira de orientación

Non faltarán os xogos de sempre, como o tiro á corda, carreira de sacos ou xogo do pano, así como partidas de brilé. Ás 17:00 horas está previsto que dé comezo a carreira de orientación baixo o lema “O tesouro de Siador”, proba que se desenvolverá nos arredores do recinto saletino.


Máis que Danza e espectáculo final

Xa para rematar a xornada, no anfiteatro celebrarase unha exhibición a cargo do alumnado de Máis que Danza e de seguido chegará o espectáculo final, incluido no programa Cultura no Camiño, ca compañía Duende Circo e a proposta “Paiaso total”. No recinto haberá servizo de bar e estacionamento gratuito.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Dende o Concello de Silleda agradécese a implicación de todas as persoas voluntarias, entidades participantes e dos Pais Saletinos de Siador na celebración desta cita, que cada último domingo de xuño reúne a centos de persoas na localidade para disfrutar dunha cita única. A celebración desta edición foi presentada polas directivas das Anpas

silledenses e as concelleiras de Cultura, Mónica González, e de Educación, Ángela Troitiño.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page