Sofre danos no seu coche tras cruzárselle un corzo na parroquia agoladesa de Berredo
- ecosdacomarca
- 3 ago 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada

Esta mañá rexistrouse un accidente na parroquia agoladesa de Berredo, causado por un animal salvaxe. Un vehículo circulaba, arredor das nove da mañá, pola PO-840 cando á altura desta parroquia se lle cruzou un corzo provocándolle danos no seu vehículo, mentres o animal logrou escapar ou polo menos, non quedou nun sitio visible.
Ata o lugar, desprazouse o servizo de mantemento de estradas. Cabe mencionar, que se debe extremar a precaución nesta zona, porque máis dun condutor xa viu algún destes animais nas últimas semanas, sobre todo no vial paralelo a esta estrada nacional, que dá acceso á parroquia de Artoño.
Kommentarer