top of page

Sofia Lykhohray, residente en Silleda, recibiu o premio Rogelia Mariña de UGT ITULAR

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O secretario xeral do sindicato, Pepe Álvarez, entregou en Santiago o galardón nun acto ao que tamén asistiu a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño


Laura Moure/Silleda

A profesora de idiomas ucraína Sofia Lykhoray, que reside na actualidade en Silleda, recibiu onte en Santiago o premio Rogelia Mariña, outorgado polo sindicato UGT nun acto que simbolizou tamén a homenaxe ao pobo ucraíno. O secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, entregou o galardón a esta moza a que definiu como un “exemplo de loita e Solidariedade co seu pobo”.

No acto, ao que asistiu a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, tamén participaron destacados dirixentes do sindicato, así como o Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín Formoso.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Este galarón leva o nome da traballadora de Sargadelos que foi despedida da empresa por defender os dereitos da plantilla. Sofia Lykhoray traballou de forma desinteresada en favor do pobo de Ucrania, o seu pais natal, en distintas actuacións, incluíndo as xestións

realizadas dende o Concello de Silleda para acoller a familias refuxiadas despois da invasión rusa no país algo máis de un ano.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page