top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Sobrado pasará do nivel alto de restrincións ao máis baixo, mentres que Boimorto manterase no medio

O resto de municipio das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa seguen no mínimo de limitacións

Reunión, hoxe, do comité clínico.

Laura Moure

O Comité clínico de expertos que avalía a situación da Covid-19 en Galicia, vén de recomendar, logo da xuntanza mantida esta tarde, que os concellos de Beade e Maside teñan que cumprir o nivel máximo de restricións. Cabe mencionar que ata o de agora, xunto a Maside, estaba Vilardevós e Paradela. En canto aos concellos das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa hai un cambio significativo. Sobrado dos Monxes, despois de semanas incluído no nivel alto de restrincións, pasará agora ao máis baixo xa que non detectou novos contaxios nos últimos sete días. Mentres Boimorto continúa no mínimo e os 15 municipios restantes destas catro comarcas continúan no medio baixo.


Ademais, a asemblea de especialistas determinou o establecemento do nivel alto de restricións en sete concellos galegos, concretamente en Vilardevós, Ortigueira, Abegondo, Neda, O Saviñao, Sanxenxo e Baiona.


Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Boimorto, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo de Limia, Bergondo, Culleredo, Ponteceso, Arteixo, A Coruña, A Laracha, Betanzos, Camariñas, Laxe, Valdoviño, Coles, Soutomaior, Cangas, Sober e Pantón.


Nos resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.


Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro venres, 26 de marzo.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page