top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Sobrado dos Monxes organiza distintas actividades para os máis cativos en xullo e agosto


Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

Ao longo da época estival, os Concellos promoven distintas iniciativas para permitir a conciliación laboral e familiar. Son moitos os campamentos de verán que se celebran ao longo destes dous meses. Ademais, inclúen distintas actividades que fan que os cativos, ademais de relacionarse uns con outros, o pasen de marabilla. No caso de Sobrado dos Monxes organiza diferentes iniciativas ao longo dos meses de xullo e agosto.

Así durante o mes de xullo, os rapaces e rapazas asistentes poderán gozar, entre outras, de rutas en kayak polas Fragas do Eume, dun plan na 'Aventura Mundocio' ou dunha andaina de 6 quilómetros polo Camiño de Santiago.

"No mes de agosto teremos 'Xogamos no parque de bolas' e a Festa da Auga! Non o perdades!", resalta o Concello.

Así que a oferta do Concelllo de Sobrado inclúe distintas actividades con saídas incluídas. Os interesados poden consultalas e ver os seus horarios e prezos (algunhas son gratuitas) na seguinte imaxe:



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page