top of page

Sobrado dos Monxes celebra este domingo, día 8, a XV edición do Día da Bici

Terá lugar unha ruta e actuará a charanga Mekanika Rolling Band


Laura Moure/Sobrado dos Monxes

O Concello de Sobrado dos Monxes celebrará este domingo, día 8, a XV edición do Día da Bici, unha das citas deportivas máis destacadas deste municipio.


A saída da ruta terá lugar ás 11:00 horas desde a Praza do Concello. Será preciso atoparse na zona media hora antes do comezo da actividade.


Pola tarde, ás 19:00 horas na Praza do Concello, terá lugar o espectáculo de Mekanika Rolling Band.


Todas as actividades contarán coas medidas necesarias ante a Covid-19. Os interesados poderán obter máis información no 981 787 508.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page