Sobrado dos Monxes albergará o 23 unha charla sobre o futuro da mocidade galega no rural
- ecosdacomarca

- 14 jul 2021
- 1 Min. de lectura
A actividade complétase cunha camiñata cara a Lagoa
Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes
O pavillón de Sobrado dos Monxes acollerá o día 23 de xullo unha charla, como parte dunha actividade promovida por Ingalicia Europortunidades. Será de 16:00 a 20:00 horas.
Na charla abordarase o que fai falla para que a mocidade do rural non teña que emigrar ás cidades. E de seguido terá lugar unha camiñata cara a Lagoa.

A lagoa de Sobrado.
Autor: Ecos da Comarca.






Comentarios