A execución da obra contará cun orzamento de 348.000 euros
Laura Moure/Sobrado dos Monxes
O alcalde de Sobrado, Lisardo Santos, e o concelleiro Miguel Combo, recibiron este mércores no municipio ao xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, para visitar as futuras instalacións do centro de día que se situará en Santiago do Campo, na parroquia de Porta, en pleno núcleo do pobo.
A execución da obra contará cun orzamento de 348.000 euros, que ademais da mellora do edificio inclúe tamén o acondicionamento exterior dos terreos anexos. A actuación empezará a levar a cabo ao longo deste 2024 e estará finalizada antes de que acabe o ano 2025.
Publicidade
A intención é que o convenio entre o Concello de Sobrado e a Xunta de Galicia estea asinado no próximo mes de xuño. Segundo indicou o alcalde “con esta actuación damos un gran paso adiante en materia de servizos sociais, xa que o centro de día era unha prioridade, para tanto para o noso goberno como para o presente e futuro do municipio”.
Publicidade
O rexedor engadiu que “un municipio como Sobrado, onde a poboación ten unha media de idade bastante alta, necesita de servizos sociais que coiden dos nosos maiores, por iso damos prioridade a este tipo de proxectos”.
Comments