top of page

Sobrado benefíciase dunha axuda da Xunta para garantir o funcionamento dos sistemas de abastecemento

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Sobrado

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Coirós, Francisco Quintela, visitou a zona de Merille este luns onde informou que a Xunta investirá máis de máis 57.600 euros para levar a cabo melloras no abastecemento da Espenuca e no saneamento e depuración en Merille. Trenor destacou que esta axuda inclúese dentro da nova orde da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para apoiar aos concellos máis pequenos, cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes, na execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, á que destina un investimento global que rolda os nove millóns de euros en toda Galicia, tras ampliar en preto de cinco millóns de euros a orde de axudas dotadas inicialmente con catro millóns. No caso dos concellos da contorna da Coruña, o delegado da Xunta, informou que estas axudas beneficiarán a seis municipios: Aranga, Coirós, Mesía, Paderne, Sobrado e Vilasantar, que recibirán en total máis de 355.000 euros para garantir o funcionamento óptimo dos seus sistemas de abastecemento municipal ou para actuar na modernización e aumento da eficiencia e eficacia das instalacións de saneamento e depuración existentes, así como na construción de novas infraestruturas.


Con esta liña de subvencións, a Xunta trata de apoiar actuacións nos municipios cunha poboación igual ou inferior aos 5.000 habitantes para garantir o mellor funcionamento destes servizos de competencia local. O límite máximo das axudas foi de 50.000 euros por solicitude, sendo compatibles ambas as liñas de actuación. Así, os Concellos tiveron a opción de presentar dúas solicitudes, unha referida a actuacións en sistemas de abastecemento e outra para actuacións en sistemas de saneamento e depuración.


Estes incentivos, compatibles con outras axudas, subvencionan os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro deste ano e inclúen, tanto os investimentos realizados na execución das propias obras, como os gastos asociados a elas en materia de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial, de control de calidade ou de dirección dos traballos. Con esta iniciativa, a Xunta segue a traballar cos concellos apoiándoos na adopción de medidas que garantan o mellor funcionamento dos servizos da auga, de competencia municipal, que redundan na calidade de vida dos veciños dos municipios máis pequenos de Galicia.


Esta actuación da Xunta conta coa financiación do eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page