top of page

Sobrado acolle un curso de primeiros auxilios e outro sobre a mobilización e coidados de dependentes

Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

Sobrados dos Monxes acollerá esta mes de outubro dous obradoiros: un de primeiros auxilios e outro sobre mobilización e coidados de persoas dependentes.

Así o 24 de outubro realizarase o de primeiros auxilios na Casa da Irmandade. Será de 15:30 a 19:30 horas. O taller ten como obxectivo adquirir coñecementos básicos e aclarar dúbidas sobre os primeiros auxilios.


A formación estará impartida por Carlos Prados Sande, DUE asistencial da Base de Santiago.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Mentres, o 31 de outubro será o curso de mobilización e coidados de persoas dependentes dirixido a pacentes, familiares e cidadanía.


O programa centrarase en aprender técnicas de mobilización para persoas con dificultade e hixiene postural. Terá lugar na Casa da Irmandade, en horario de 15:30 a 19:30 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A formación será impartida por Olga Roca Bergantiños, xefa de Servizo de Calidade Asistencial do SERGAS.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page