top of page

Silleda xa acabou as actuacións no Sendeiro do Deza para mellorar a accesibilidade e sinalización

Esta acción complementouse cunha axuda autonómica para investimentos non produtivos na Rede Natura 2000


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda rematou xa os traballos de mellora no tramo que lle corresponde do Sendeiro do Deza, un dos primeiros que se homologaron en Galicia no seu día, e que discorre dende a Fervenza do Toxa, na parroquia de Pazos, ata o mosteiro de Carboeiro, con algo máis de 6 kilómetros de lonxitude. Baixo o título “Recuperación, mellora da seguridade, accesibilidade e sinalización do Sendeiro do Deza”, esta dotación vén a subsanar unha serie de deficiencias para contar co pleno disfrute do sendeiro, un dos máis concorridos do municipio de Silleda, realizando melloras en materia de seguridade, accesibilidade e completando e repoñendo a sinalización existente.


A actuación, cun orzamento de 46.000 euros, recibiu o visto bo da Xunta de Galicia, no marco das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos da Rede Natura 2000, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Así, o proxecto financiado a súa maior parte con fondos municipais, conta tamén cunha axuda de 20.000 euros –no marco do citado programa-.

ree

Ademais de renovar os máis de 250 metros de baranda protectora de madeira, tamén se colocaron chanzos adicionais nas zonas de máis pendente, reparando ademais escaleiras e creando unha pequena plataforma/observatorio, para a que se barallaron distintas opcións e que finalmente se acotou respecto á memoria inicial pola orografía do terreo. Tamén se renovaron os dous paneis informativos sobre o roteiro e este entorno natrual único, e se colocou un panel interactivo de madeira a modo de xogo cas especies da flora e fauna propias deste espazo natural ubicado no Sistema Fluvial Ulla –Deza, da Rede Natura 2000.


“Fíxose unha intervención mínima preservando o carácter natural deste lugar único, acorde co ámbito no que se atopa e integrando a contorna de forma respetuosa”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, que hoxe visitou este tramo do sendeiro xunto á concelleira de Turismo, Mónica González. O tramo, o primeiro do Sendeiro do Deza, comeza ao pé da Fervenza do Toxa, a máis alta de Galicia en caída libre, e discorre pola beira do río durante aproximadamente 260 metros ata a coñecida como Ponte de Ferro, que une o municipio co veciño Concello de Vila de Cruces en Merza. Esta senda foi acometida no seu día pola Consellería do Medio Ambiente, nos anos 90, realizándose despois dende o Concello de Silleda diversas actuaicóns de recuperación.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

“Trátase dun dos tramos máis fermosos deste roteiro, no que ademais do espectacular salto do Toxa, hai outros máis pequenos, pozas e zonas de penedos que paga a pena contemplar, e que ten ademais un alto valor paisaxístico nunha zona con gran biodiversidade”, explica o alcalde, Manuel Cuiña, que convida a veciñanza a achegarse a coñecer as melloras realizadas neste entorno.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page