top of page

Silleda volve a destinar este ano máis de 100.000 euros aos colectivos culturais, deportivos e veciñais e outros 20.000 ás axudas á creación de emprego

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda destinará nesta anualidade de 2023 un total de 104.100 euros ás subvencións a colectivos culturais, deportivos e veciñais e/ou de participación social. Unha

cantidade que volve a incrementarse co traspaso de 3.000 euros ás entidades veciñais e /ou de participación social dende a partida de retribucións a cargos electos, acordada o pasado mes de xullo.


As bases das tres liñas de subvención, para financiar actividades de asociacións tanto culturais, como deportivas e veciñais e/ou de participación social quedaron xa dictaminadas nas comisións informativas de cara á súa aprobación no pleno deste xoves (18:00 horas).

Nas deportivas repartiránse 35.000, nas culturais outros 58.000 (dos que 20.000 serán directamente para a Banda Municipal de Silleda e outros 15.000 para a Recreativa e Cultural da Bandeira) e as veciñais e de participación social outros 11.100 euros.


Axudas á creación de emprego

Outro dos asuntos dictaminados nas comisións, foron as bases das axudas municipais á creación de emprego, que tamén se incrementaron na anualidade anterior, cunha partida total de 20.000 euros.


A igual que en 2023, estas bases teñen carácter retroactivo, podendo beneficiarse persoas autónomas e empresas que iniciaran a súa actividade dende o 5 de outubro de 2023, data na que esgotaron os recursos da convocatoria.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

As condicións son similiares ás de convocatorias anteriores (podendo solicitar estas axudas aquelas persoas que estén en situación de desemprego e queiran emprender proxectos pola súa conta), se ben hai que ter en conta que as contías se aumentaron xana convocatoria de 2021. Así, a axuda por apertura de local comercial pasou de 300 a 600 euros, e a Alta no Réxime de Cotización de Autónomos de 600 a 900 euros.


O importe máximo da axuda é de 4.200 euros. Ademais, trátase dun programa programa no que se valora a maiores a perspectiva de xénero, con discriminación positiva no apartado referido á contratación de persoal.


Puntúase que o promotor/a do proxecto sexa parado/a de longa duración; a apertura de local; a alta no Réxime de Autónomos; a contratación de persoal; e prímanse aqueles proxectos relacionados co sector primario, medio ambiente o que aposten polo I+D+I.


Tamén se outorgan a maiores puntos extra, para aqueles casos nos que os proxectos sexan promovidos por mulleres con cargas familiares de unidades monoparentais. Tanto nas subvencións a colectivos como nas de creación de emprego, as bases serán publicadas no BOP de Pontevedra, se ben o prazo de solicitudes non comezará a computar ata que se aprobe e publique a convocatoria das mesmas.


Humanización da avenida Recinto Feiral e rúa Arturo Pérez Lázara

Por outra banda, na sesión ordinaria de hoxe tamén se someterá a aprobación o inicio do expediente para o proxecto de humanización da zona deportivo-escolar de Silleda, na que se insvestirán preto de 900.000 euros a través do programa provincial PON2030.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O convenio entre as dúas Administracións permitirá poñer en marcha proxecto supón a rexeneración urbana do tramo da avenida Recinto Feiral, á beira do que se sitúan o CEIP Plurilingüe de Silleda e o pavillón municipal “César G. Fares”, así como na rúa Arturo Pérez Lázara, onde se ubica o estadio municipal de fútbol de Outeiriño, e o seu entorno, e tamén ca Escola de Música Municipal.


O custo total da actuación ascende a 893.189,62 €, dos que o 85% serán aportados pola Deputación (759.211,18 €) e o 15% restante (133.978,44 €) polo Concello de Silleda. Polo tanto, mellorarase a mobilidade peonil e reforzarase a seguridade no entorno da zona deportivo-escolar da capital municipal, a cal recibe unha gran afluenza de persoas a diario.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Tamén figura na orde do día as subvencións nominativas previstas para 2024, nas que se inclúen ademais das axudas ás festas gastronómicas a cantidade destinada ao programa de prevención do Alzhéimer (20.000 euros) e a axuda ao piloto Christian Costoya (10.000 euros).


Outro dos asuntos a tratar será a delegación no ORAL da xestión das altas do IVTM, unha operación sen gravame adicional para o Concello (que xa ten delegado o cobro do imposto de vehículos neste organismo autónomo) e que permitirá ás persoas usuarias tramitar as altas de vehículos a través do portal do ORAL sen necesidade de acudir ao Concello en horario de atención ao público.


Modificacións do PXOM

Por último, a orde do día inclue ademais a descatalogación do edificio da rúa Progreso no que se atopa a Casa do Concello, modificando para elo o Plan Xeral, así como unha corrección de erros na impresión do planeamento.


0 comentarios

Комментарии


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page