top of page

Silleda ten unha ‘Árbore dos chupetes’ para axudar ás crianzas a deixalo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A concelleira de Infancia convida a participar aos mais pequenos e as súas familias nunha iniciativa chea de creatividade e novidade


Laura Moure/Silleda

A concellería de Infancia que coordina Angela Troitiño presentou este sábado unha nova iniciativa dirixida a cativada entre 0 e 5 anos, e coa que se pretende colaborar, dun xeito creativo e novidoso, coas familias para facilitar a retirada do chupete dos mais pequenos. Así pois, se ten escollido unha árbore situado na praza Benito Rivas para convertela na árbore dos chupetes, para que poida ser usado pola familias como “rito de axuda aos pequenos para despedirse del, axudándolle ademais a entender o porque teñen que deixalo e a saber que vai quedar gardado en boas mans”, di a concelleira.

A elección desta árbore non foi casual, ten moito que ver coa presencia das ras da fonte da praza, que fai unhas semanas comezaron a botar auga outra vez, e que agora formarán parte activa da historia que nace con esta iniciativa. E é que dende o Concello, para que a árbore resulte aínda máis atractiva para os pequenos, e coa colaboración da axencia de comunicación HYDRA, ten elaborado unha historia sobre unha fadiña que ten a súa casa nesta árbore, e que será a encargada de recoller os chupetes, e así gardar os

recordos de cada neno e nena no seu interior.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Durante a festa deste pasado sábado, e en colaboración coa Asociación Antonio Gandoy, unha das profesoras que participan no punto de encontro para familias e bebés do Concello de Silleda, foi a encargada de contar a historia da arbore, das ras e, por suposto, da fadiña. Ademais poñerán en marcha o obradoiro musical ‘O son que me arrola’, con instrumentos de material de refugallo para todas as familias.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page