top of page

Silleda solicita ao abeiro do programa Máis Emprega un técnico ambiental e outro de comunicación

A Xunta de Goberno Local acordou solicitar á Deputación de Pontevedra este programa para a incorporación laboral de persoas mozas


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de solicitar á Deputación de Pontevedra a participación no programa Máis Emprega, unha iniciativa integral e estratéxica para o emprego e o desenvolvemento económico na provincia, co principal obxectivo de promover a inclusión social e o desenvolvemento económico e social a través da creación de emprego de calidade e do fomento da empregabilidade das e dos cidadáns.

O Consistorio de Silleda. Autor: Ecos da Comarca.

Este programa, tamén en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que marca a Axenda 2030, ten como obxectivo dotar as e os mozos desempregados e, en xeral, as persoas desempregadas da provincia, dunha primeira experiencia profesional para que adquiran competencias e habilidades sociais e profesionais, empatía, creatividade, dotes de liderado e capacidade de adaptación, entre outras calidades relacionadas coa actitude da persoa traballadora.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A convocatoria, na que Silleda xa vén participando nos últimos anos, está destinada a Concellos de menos de 50.000 habitantes. A Xunta de Goberno Local acordou solicitar ao abeiro deste programa provincial unha persoa graduada en Ciencias Ambientais, para traballar no departamento de Transición Ecolóxica e tendo en conta os novos retos que se

abren ca implementación da Axenda 2030 a nivel local; e outra persoa graduada en xornalismo ou comunicación audiovisual para desenvolver tarefas de comunicación e información dentro da entidade local.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Agardamos poder contar ca incorporación a estes dous postos, e continuar como nos últimos anos contribuindo á formación e a adquisición de experiencia da xente moza que participa neste programa”, engade a alcaldesa, Paula Fernández.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page