top of page

Silleda solicita a colaboración veciñal para definir os obxectivos da súa Axenda 2030

 Unha enquisa e varios grupos de traballo permitirán coñecer as necesidades e as propostas da poboación


Laura Moure/Silleda

Nun salón de actos do Concello ateigado de público, Silleda presentou este xoves 2 de maio a súa Axenda 2030. Trátase da adaptación á realidade local dos obxectivos do programa de desenvolvemento sostible impulsado pola ONU para reforzar os ámbitos social, económico e ambiental. “Estamos falando de facer entre todos a Silleda que queremos, un reto ben fermoso”, en palabras da alcaldesa, Paula Fernández.

Tal e como explicaron Paula Fernández e o técnico Arturo González, a Axenda 2030 é un

programa destinado a apuntalar o progreso social e económico grazas á consecución de 17 obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS), que teñen como fin último asegurar o

progreso de todas as persoas aplicando políticas respectuosas co medio.


No marco deste modelo, centrado nas persoas, Silleda elaborará agora a súa propia

axenda. O primeiro paso consistirá en facer unha diagnose ou ánalise da situación actual

do municipio para determinar cales son as súas necesidades. Despois, haberá que definir

unha serie de actuacións encamiñadas a lograr os obxectivos marcados e, por último, se

establecerán os indicadores cos que se avaliará en que medida se alcanzaron as metas

propostas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

“O que queremos é establecer unha folla de ruta que nos axude a concretar e poñer en

práctica aqueles ODS que queremos acadar en Silleda”, sinalou a alcaldesa, que incidiu en que a colaboración de asociacións e veciñanza será fundamental para facer ese plan

estratéxico. “Trátase de decidir, por exemplo, que podemos apartar cada un de nós para

acabar coa pobreza, para que a igualdade de xénero sexa unha realidade ou como podemos favorecer a economía circular e un consumo responsable”, manifestou.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Unha enquisa, que se lanzará tanto na páxina web do Concello como en papel, e a creación de varios grupos de traballo serán as ferramentas que se utilizarán para recabar as opinións e as propostas dos silledenses. Estas actuacións realizaranse nos próximos meses grazas a unha subvención de 57.345 euros outorgada polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, sendo Silleda o único concello galego á que se lle concedeu no ano 2023 no marco dun proceso ao que se presentaron 629 solicitudes.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page